Tuesday 14 de May de 2024

O Concello amplía en dúas horas os horarios de peche de establecementos de restauración e de ocio e entretemento durante cinco días do Nadal


O Concello amplía en dúas horas os horarios de peche dos establecementos de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares) e establecementos de ocio e entretemento (salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo) con carácter ocasional para as festas do Nadal. A medida estará en vigor unicamente nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro deste ano e 1 e 6 de xaneiro de 2023.

A ampliación só poderá levarse a cabo polos titulares dos establecementos abertos ao público existentes no municipio de Narón e queda supeditada a que eses titulares dispoñan da correspondente licenza municipal de apertura outorgada ou de Declaración responsable para o inicio de actividade, que fora sometida aos medios de intervención administrativa correspondentes con resultado favorable e notificada aos seus titulares.